Goniatites

Goniatites
[PALEONT]

Xénero de cefalópodos fósiles, da familia dos goniatítidos, que se caracterizan por ter a cuncha enrolada en espiral e plana, dividida en cámaras por uns tabiques de unión simple que se complicou no transcurso da evolución. É un fósil característico do Paleozoico, e os últimos representantes son do Triásico.

Palabras veciñas

gongorino -na | gongorismo | gongorista | Goniatites | gonidio | 1 gonio- | 2 gonio-