goniómetro
goniómetro
(
s
m
[METROL]
Instrumento para medir ángulos. Os que máis se coñecen son os de aplicación ou contacto, e os de reflexión, que se empregan principalmente para medir ángulos que forman as caras dos cristais. Os primeiros úsanse en cristais con tamaño suficiente para poñelo en contacto coas súas caras, mentres que os segundos son dunha gran precisión e funcionan opticamente. Ademais doutros usos, constitúen a base de instrumentos como o teodolito e o sextante.