Gontade, pazo de

Gontade, pazo de

Construción situada en Ardaña (Carballo). A súa orixe está na fundación de 1596 de Rodrigo Breijo. Ten planta rectangular alongada e dúas plantas, con portas alinteladas na inferior e ventás con tornachuvias na superior. Conserva un escudo do s XVIII coas armas dos Aldao, Leis e Castro, entre outras, e un reloxo de sol no portal de acceso. Conserva un hórreo da época fundacional.

Palabras veciñas

gonotomía | gonozoide | Gonsar, Camilo | Gontade, pazo de | Gontán | Gonte | Gontín, Alonso de