Góñiz

Góñiz
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae por armas escudo cuarteado: primeiro, en campo de goles, tres abrollos de prata, dous coa punta cara a abaixo e o terceiro coa punta cara a arriba; segundo, en campo de ouro, unha árbore de sinople, acompañada de dous lobos de sable, un a cada lado e empinados ao tronco; terceiro, en campo de goles, un castelo de ouro; cuarto, en campo de prata, unha caldeira de sable, pendurado dunha cadea de azul.

Palabras veciñas

gonión | gonioscopia | gonis | Góñiz | gonnardita | gono- | gonocele