gota
(
-
-
s
f
Pequena cantidade dun líquido que cae formando unha masa con forma esferoide.
Ex: Pola fronte esvarábanlle gotas de suor.
Sinónimos: pinga, pingueira. -
s
f
Pouca cantidade dun líquido.
Ex: Botoulle unha gota de leite ó café.
Sinónimos: pinga, pingueira. -
s
f
Carencia de algo.
Ex: Non lle queda nin gota de ánimo.
Confrontacións: pinga, pingueira. -
gota a gota
[MED]
Sistema de administración dun líquido medicamentoso, xeralmente por vía intravenosa, de xeito lento e continuado.
-
s
f
-
s
f
[ARQUIT]
Elemento decorativo de forma cónica que se empregaba nos templos clásicos, que imita unha gota desprendéndose e que vai colocado baixo os tríglifos do friso dórico.
-
s
f pl
[MED]
Forma en que se presentan algúns medicamentos líquidos para que sexan administrados a través dun contagotas.
-
s
f
[PAT]
-
Enfermidade que se caracteriza polo depósito de cristais de urato monosódico nas articulacións, nos tendóns e no tecido intersticial do ril. O 95% dos pacientes afectados son homes, a maioría dos que presentan hiperuricemia. Na gota aguda resultan afectadas pasaxeiramente unha ou máis articulacións, a miúdo a metatarsofalánxica do dedo gordo do pé. Sen o tratamento adecuado van quedando afectadas pouco a pouco diversas articulacións, e orixínanse artrites crónicas que deforman as articulacións a medida que se depositan os uratos. Estas deposicións de uratos, que se denominan tofos, localízanse tamén en outras estruturas coma os tendóns e as orellas. Nas vías urinarias fórmanse cálculos e no tecido renal os depósitos de urato poden levar ás veces á insuficiencia renal.
-
Diatese que se traduce ás veces en localizacións articulares.
-
-
gota fría
[METEOR]
Depresión atmosférica fría con efectos que se orixinan na circulación da troposfera media. En latitudes medias fórmase baixo réximes de circulación de índice baixo. O aire frío que a xera baixa rapidamente e forma na superficie un remuíño ciclónico, polo centro do que ascende o aire quente superficial.