Goya, Premios

Goya, Premios
[IMAX]

Galardóns que entrega anualmente a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España. Con estas distincións prémiase os profesionais do sector que máis destacaron nese ano. O premio consiste nun pequeno busto de bronce que representa o pintor Francisco de Goya. A primeira edición tivo lugar en 1987 e contaba con 15 premios, correspondentes a outras tantas categorías, aínda que co tempo se ampliou o número, que en 2002 era xa de 27. Os premios concédense mediante o voto secreto de todos os membros da Academia, agás o Goya de Honor, que o concede a xunta directiva por unanimidade.