gozos y las sombras, Los
Serie de televisión baseada na triloxía homónima de Gonzalo Torrente Ballester composta polas novelas El señor llega (1956), Donde dá la vuelta el aire (1960) e La pascua triste (1962). Producida por Arte-7 para Televisión Española, foi dirixida por Rafael Moreno Alba. Rodouse entre decembro de 1980 e xullo de 1981 e constaba de trece capítulos dunha hora de duración. A súa emisión situouno como o cuarto programa máis visto do ano (1982) e nunha das series de maior éxito na historia de TVE. Os seus exteriores rodáronse na vila pontevedresa de Bueu, contou cun orzamento importante e cun elenco encabezado por Charo López, Eusebio Poncela, Carlos Larrañaga, Amparo Rivelles, Rafael Alonso, José María Caffarel e Rosalía Dans, entre moitos otros. Anos despois, a serie foi reemitida polo Centro Territorial de TVE en Galicia en versión dobrada ao galego.