gráfico -ca

gráfico -ca

(< lat graphĭcu < grγραϕικός)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á grafía e á imprenta.

  2. adx

    Que se representa ou fai por medio de figuras, liñas ou signos.

    Ex: Un libro gráfico.

  3. adx

    Que expresa con moita claridade algo, como se o debuxase.

    Ex: A súa exposición foi moi gráfica.

    1. s m

      Representación de algo por medio dun debuxo.

    2. s m [MAT]

      Debuxo representativo dun conxunto de datos estatísticos.

    3. s m [MAT]

      Subconxunto do produto cartesiano A x B de dous subconxuntos; trátase, polo tanto, dun grupo de parellas de elementos (a, b), onde a? A e b? B. No caso de que A e B sigan, respectivamente, o dominio de definición e a imaxe dunha función, o gráfico correspondente denomínase tamén gráfica funcional ou curva asociada á función.

    4. gráfico de control

      Representación cronolóxica de observacións relativas a mostras dun proceso industrial para controlar as características do produto e corrixir, se cadra, o funcionamento do proceso.

Palabras veciñas

gráfica | Gráfica | Gráfica | gráfico -ca | Gráfico, El | grafila | grafilado