grafito

grafito
  1. s m [MINERAL]

    Mineral que cristaliza no sistema hexagonal. Ten un hábito tabular e tamén aparece como grans illados e formacións terrosas. É de cor negra, cun brillo metálico mate e opaco. Ten unha dureza de 1-2, unha densidade de 2,09-2,23 e unha perfecta exfoliación. Emprégase para fabricar as minas dos lapis e a súa alta temperatura de fusión (3000°C) e a súa insolubilidade nos ácidos fan que teña moitas outras aplicacións industriais. Denomínase tamén chumbo negro.

  2. s m [PALEOG/ARTE]

    graffiti.