Grallal, pazo de
Grallal, pazo de
Construción situada en Covas (Viveiro). Foi construído por Juan Dutton e Aguiar en 1597. Ten planta rectangular con dúas alturas: na parte baixa hai dúas portas, de arco de medio punto e arco rebaixado respectivamente, e na superior consérvanse dous escudos. Ten solaina e unha gran cheminea. En 1666 construíuse unha capela dedicada a Nosa Señora da Concepción no lado N, que se reconstruíu en 1867.