granate

granate

(

  1. adx e s m

    Aplícase á cor vermella escura e ás cousas que presentan esta cor.

  2. s m [MINERAL]

    Conxunto de minerais isomorfos, de fórmula xeral A 3 B 2 (SiO 4 ) 3 , que pertence ao subgrupo dos nesosilicatos (A pode ser calcio, aluminio, magnesio, ferro ou manganeso divalentes, e B aluminio, ferro ou cromo trivalentes). Comprende diferentes especies, como a almandina, andradita, espesartita, grosularia, piropo e uvarovita. Cristalizan no sistema cúbico e teñen normalmente unha cor vermella escura. Posúen unha dureza de 7-7,5 e unha densidade de 3,6-4,3. Utilízanse coma abrasivos e en xoiería.

Palabras veciñas

granallar | granallaxe | Grañas do Sor, As | granate | grancho | Grand Ballon | Grand Bassa