grand-guignol*
grand-guignol*
s
m
[ESPECT]
Xénero teatral que se desenvolveu en Francia entre finais do s XIX e principios do XX. Destacou polas súas temáticas, vinculadas cos sucesos violentos e coa morte, e polos seus efectos especiais, normalmente asociados ao derramamento de sangue. En Galicia tivo un certo eco na obra dramática de Antón Villar Ponte, que se baseou neste xénero para escribir Entre dous abismos (1920) e Nouturnio de medo e morte (1935).