gránulo

gránulo

(< lat granŭlu)

  1. s m

    Gran pequeno ou partícula.

  2. s m [ASTRON]

    Celda da granulación da fotosfera solar.

  3. s m [BIOL]
    1. Nome que se aplica a diversos corpúsculos celulares.

    2. Corpúsculo do cloroplasto, máis ou menos cilíndrico, de 0,3 a 2 μ de diámetro e de 0,15 a 1,5 0,1 μ de grosor, que se constitúe por unha morea de 5 a 20 sacos discoides aplanados, que se forman coma prolongación dos tilacoides, e a súa membrana está constituída por un mosaico de cuantosomas. Os gránulos ou grans conteñen a maior parte da clorofila dos cloroplastos. Nas follas chegan a existir de 40 a 60 por cloroplasto.

  4. s m [MED]

    Pequena pílula dun diámetro entre 1 e 3 mm, que pesa ao redor de 5 a 6 cg e que contén de 0,1 a 1 mg de substancia activa, recuberta por unha capa de sacarosa, goma arábiga ou lactosa. Emprégase moito en medicina homeopática.

  5. s m [FISIOL]

    Partícula intracelular que se tingue especificamente con determinados colorantes.

  6. s m [BIOL]

    Elemento de forma máis ou menos esférica que se pode observar no interior ou na superficie de células, tecidos ou órganos. Pode ser normal ou patolóxico.