grauvaca
grauvaca
(
s
f
[XEOL]
Rocha sedimentaria de color gris, que se caracteriza por presentar abundancia de minerais inestables, e fragmentos de rochas dentro dunha matriz arxilosa. O tamaño do gran pode chegar a 2 mm, contén clorita, minerais arxilosos, feldespatos, micas e cuarzos. Tamén pode ter fragmentos de gran fino (rochas magmáticas e esquistos). O cemento é abundante (20%). Están ben estratificadas e son típicas do Paleozoico.