Grijalbo

Grijalbo

Empresa editorial con sede en Barcelona desde 1962. Formaron parte do grupo Ediciones Grijalbo SA (México), a primeira en establecerse e fundada en 1939 por Joan Grijalbo i Serres (Gandesa 1911 - Barcelona 2002), Editorial Crítica SA, aparecida en 1976, Ediciones Junior SA (1974) e Grijalbo-Dargaud SA (1979). Especializada en best-sellers, libros de autoaxuda e ensaios, en 1989 integrouse en Mondadori e, posteriormente, no grupo Random House Mondadori, xunto con outras editoras como Plaza & Janés, Lumen e Debate.