grosulariáceo -a

grosulariáceo -a
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás grosulariáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das grosulariáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de arbustos, que engloba un só xénero (Ribes) e ao redor de 150 especies, as máis delas distribúense nas zonas templadas do Hemisferio N e os Andes. Son plantas caducas ou perennes, moitas veces espiñosas, con follas simples, alternas sen estípulas, flores pequenas que nacen en aciosos e o froito carnoso. O seu maior interese radica nos froitos comestibles do xénero, as grosellas.

Palabras veciñas

Grosso, Alfonso | Grossvenediger | grosularia | grosulariáceo -a | grosularita | Grosz, George | grotesco -ca