guerreiro -ra

guerreiro -ra

(< guerra)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á guerra.

  2. adx e s

    Que ou quen guerrea ou é afeccionado á guerra.

  3. s [ARTE]

    Escultura castrexa de vulto redondo representada de xeito hierático e en posición de parada. Tiveron distintas interpretacións, como as de estatuas funerarias, heroes locais, deuses ou estatuas votivas. Atopáronse en Portugal, Ourense e Pontevedra, pero non se conserva ningunha completa. Presentan a cabeza cos trazos anatómicos marcados e poden levar cabelo curto, barba, bigote ou casco, tamén levan unha coiraza e unha saia, en ocasións decoradas con rombos ou SS, e portan un escudo e un puñal. Destacan os de Armeá, Castromao, Meixedo, Monte Mozinho, Lese-nho e Santa Comba de Basto.