guía

guía

(

    1. s

      Persoa ou animal que dirixe ou conduce a outros.

    2. s

      Persoa que mostra a turistas ou visitantes as cousas máis notables dun lugar.

      Ex: A guía do museo. O guía do autobús non sabía francés.

    3. s [BÉL]

      Soldado que se coloca en primeira fila para facilitar unha boa aliñación nos exercicios militares.

    4. s f

      Cabalería que soa ou acompañada vai diante dun tiro.

  1. s f
    1. Cousa que encamiña ou serve de orientación.

      Ex: As súas palabras foron unha guía de sabedoría para o meu libro.

    2. Libro que contén os datos e as indicacións necesarias para informar ou orientar sobre algo.

      Ex: Merquei unha guía da catedral de Santiago de Compostela.

    3. Lista impresa ordenada alfabeticamente que proporciona datos sobre algo.

      Ex: Deixaron na porta a guía de teléfonos.

  2. s f
    1. Obxecto, peza ou mecanismo que serve para dirixir o movemento dalgunha cousa.

    2. [MAR]

      Peza de aceiro ou outro material que, firme en calquera parte do barco, serve para dirixir cabos.

  3. s f

    Póla que se deixa para guiar as demais no seu crecemento.

  4. s f

    Póla nova, alta, grosa e dereita que sae directamente do tronco.

  5. s f

    Pao que se lle coloca a unha planta para que medre dereita.

  6. s f

    Denominación popular que se aplica ao cordón umbilical.

  7. s f [MAR]

    Cabo que se emprega para amarrar as embarcacións aos costados dos buques.

  8. s f

    Peza de madeira provista dunha canle pola que esvara o pau da vela.

  9. s f [MAR]

    Mastro da vela.

  10. s f [XEOL]

    Veta ou filón que indica as propiedades da terra nunha mina.

  11. s f [BÉL]

    Documento identificativo e oficial dunha arma de fogo.

  12. guía de ondas [FÍS]

    Dispositivo que confina e propaga unha onda electromagnética, que, ao longo da dirección de propagación, ten a mesma forma e propiedades en calquera sección transversal, guiando as ondas cun mínimo de perdas de enerxía por radiación. Existen distintas formas de guías de ondas, as máis correstes son as que están constituídas por un tubo metálico.