guilda
guilda
s
f
[HIST]
Asociación de artesáns e comerciantes desenvolvida nos países do Mar do Norte entre os ss XI e XV. Nas súas orixes eran asociacións de carácter relixioso con finalidade asistencial, pero tralo renacemento económico do s XI convertéronse en asociacións mercantís que tiñan por finalidade a defensa do comercio, a súa regulación e a seguridade das comunicacións. A importancia destas confrarías permitiulles recibir numerosos privilexios rexios que as transformaron en corporacións oficiais con xurisdición e dereito propio.