guitarra
(< ár qītārah
-
s
f
[MÚS]
Instrumento cordófono da familia dos laúdes. A caixa de resonancia ten forma de oito e prolóngase cun mango sobre o que hai unha peza de madeira ou diapasón, dividido, habitualmente, en dezanove compartimentos ou trastes. No centro da mesa harmónica hai un orificio circular. Normalmente, consta de seis cordas e a súa afinación, do grave ao agudo, é mi, la, re, sol, si, mi. Fernando Sor e Mauro Giuliani foron dous dos máis influíntes compositores de música para guitarra e o fundador da escola moderna foi Francisco Tárrega. No s XX destacaron como virtuosos Narciso Yepes, Andrés Segovia, David Russell, Manuel Barrueco, Álvaro Pierri e Paco de Lucía. Entre os compositores para guitarra destacaron Joaquín Turina, Joaquín Rodrigo e Heitor Villa-Lobos.
-
guitarra eléctrica
[MÚS]
ariedade de guitarra cunha sonoridade que se obtén amplificando electricamente as vibracións obtidas das cordas, en conexión cun altofalante ou máis.