gujarati
gujarati
(< topónimo Gujarāt)
-
adx
Relativo ou pertencente á rexión de Gujarāt, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante de Gujarāt.
-
s
m
[LING]
Lingua do phylum indoeuropeo da familia indoirania, propia do estado de Gujarāt, pero que tamén se fala en Kenya, Tanzania, Paquistán, Zambia, Uganda e Singapur. A súa literatura desenvolveuse desde o s XV. M. K. Gandhi empregouna nos seus escritos. A constitución india recoñécea como oficial, a sétima en orde de importancia. É unha lingua moi semellante ao hindi e moi achegada ao sánscrito.