Günz
Günz
s
m
[XEOL]
Primeira das glaciacións alpinas do Cuaternario, segundo a división deste período establecido por Penck e Brückner en 1909. Durante esta glaciación producíronse dúas fases frías, ou estadios, o Günz I e o Günz II, separadas por unha curta fase cálida ou interestadio. Segundo algúns autores, é o equivalente do Vilafranquiano Superior. Calcúlaselle unha antigüidade dun millón de anos.