Ḥaḍramawt
Ḥaḍramawt
Rexión do S da Península Arábiga, constituída por un altiplano árido calcario duns 1.000 m de altitude que domina todo o litoral do Iemen e que se inclina lixeiramente sobre o deserto de Al-Rub’ al-Hālī. A poboación concéntrase na costa, e dedícase fundamentalmente á pesca.