hadrón
hadrón
s
m
[FÍS]
Partículas formadas por sistemas de quarks unidos de forma permanente por gluóns, experimentando unha forte interacción que mantén unido e integrado o núcleo atómico. Distínguense dous tipos de hadróns: os bosónicos, compostos dunha parella de quarks-antiquark, denominados mesóns; e os fermiónicos, compostos de tres quarks, denominados barións. Os primeiros hadróns que descubriron os físicos foron os nucleóns: o protón e o neutrón; logo viñeron os pións. Existen máis de cen tipos de hadróns; en xeral, só unha pequena parte da súa masa se debe aos quarks que contén, a maior parte provén da enerxía potencial e cinética do sistema.