Haec editali, lei

Haec editali, lei
[DER]

Constitución do Código de Xustiniano, con precedentes no dereito romano clásico. Limitaba as facultades dispositivas dun viúvo casado posteriormente, de xeito que non podía doar ao consorte posterior por dote, doazón ou testamento máis do que recibía o fillo do anterior matrimonio que resultara menos favorecido da herdanza.