Haemanthus
Haemanthus
[PLANTA]
Xénero de plantas da familia das amarilidáceas. Son plantas herbáceas bulbosas con follas estreitadas nun pecíolo curto, onduladas e carnosas de 15 a 25 cm e dunha cor verde brillante, teñen seis nervacións situadas a cada un dos lados do nervio principal; inflorescencias en forma de umbela, sostidas por grosos escapos dunha coloración que vai desde o escarlata ao branco. Proceden de África meridional e plántanse en tarros e xardíns.