Haemophylus

Haemophylus
[MONERA]

Xénero de bacterias da orde das eubacteriais que comprende bacterias en forma de bacilo xeralmente inmóbiles, Gram-negativas, obrigatoriamente parasitos, que necesitan nos seus cultivos diversos factores de crecemento moi especializados (hemina, fosfopiridina-nucleótido ou glícidos non fermentados). Parasitan as mucosas respiratorias e a conxuntiva. Cómpre destacar H. influenzae, que provoca afeccións con bronquite, pneumonía, meninxite ou conxuntivite.