Hainan

Hainan

Provincia insular de China, na rexión do Centro-Sur (34.000 km2; 7.870.000 h [estim 1999]). A súa capital é Haikou (280.153 h [2000]). Está separada da península de Liuzhou polo estreito de Qiongzhou. O centro e o S, de montañas de granito, están ocupados polos hakka e os maios e a rexión costeira e o N por chineses (2/3 da poboación). A súa economía baséase en explotacións forestais, xacementos de ferro, ouro, estaño e uranio, e cultivos de arroz, caucho, azucre, tabaco, ananás, café e té.

Palabras veciñas

haiku* | Hailar | Haile Selassie I de Etiopia | Hainan | Hainaut | Hainaut | Haiphong