haliótido -da

haliótido -da

(< lat científico Haliotis)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos haliótidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Gasterópodo da familia dos haliótidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de gasterópodos mariños. Presentan hábitos nocturnos. A cuncha oval, en forma de orella, presenta unha lista de orificios respiratorios localizados ao longo da marxe esquerda, a medida que o animal crece os orificios antigos vanse pechando de forma sucesiva. A parte interna da concha está cuberta de nácara o que o revaloriza e lle dá un aspecto iridescente moi atractivo.

Palabras veciñas

Halifax | Halimione | Halimium | haliótido -da | Haliotis | halíplido -da | halita