haloisita
haloisita
s
f
[MINERAL]
Filosilicato alumínico básico hidratado, de fórmula Al2Si2O5(OH)4·2H2O. Pertence ao grupo da caolinita, cristaliza no sistema monoclínico. É de cor branca ou opalina. Os cristais ceden e absorben auga con moita facilidade, pero cando a deshidratación é total transfórmanse irreversiblemente en metahaloisita.