Hamas

Hamas
Nome científico: [Movemento de Resistencia Islámica]

Movemento islámico palestino que xurdiu do impulso revolucionario xerado pola intifada e que pretende a expulsión israelí dos territorios ocupados. Divídese nunha sección militar, Izzedine al-Qassam, e outra política. Contraria aos acordos de paz asinados por Israel e a OLP en 1993, co obxecto de impedir o seu desenvolvemento levou a cabo numerosos atentados contra obxectivos civís israelís.