hansa

hansa

(< al hansa ‘asociación’)

s f [HIST]

Asociación mercantil creada para combater os riscos do comercio a grande escala e para fomentar a protección mutua dos comerciantes. Destacaron a Hansa das dezasete cidades, integrada polos comerciantes de panos dos Países Baixos e do N de Francia que organizaba e protexía o comercio con Île-de-France e Champagne, que se fundou ao redor de 1230 e desapareceu durante a Guerra dos Cen Anos (1337-1453); e a Hansa de Londres, unión de guildas flamengas que monopolizaron desde o s XII ata o s XIV o comercio de la e panos con Inglaterra.