Harald III de Noruega o Despiadado

Harald III de Noruega o Despiadado

(? 1015 - Stamford Bridge 25.9.1066) Rei de Noruega (1046-1066). De nome Harald Sigurdarson ou Harald Hardrada, marchou a Oriente trala morte do seu medio irmán o Rei Olavo II (1030), onde visitou varias cidades rusas e se puxo ao servizo da emperatriz de Bizancio. De volta en Noruega e despois de enfrontarse ao seu sobriño Magnus I (1046), este entregoulle a metade do reino. Á morte de Magnus I (1047), reunificou Noruega e iniciou unha serie de campañas militares nas que atacou Dinamarca e Inglaterra. En 1066, enfrontouse xunto co conde de Northumbria á Harold II de Wessex.