Hathor
Hathor
[MIT]
Divindade exipcia, filla e esposa do deus Ra. Soberana do Ceo e das árbores, é protectora da música, da danza, da alegría, do placer, do amor, da beleza, da fertilidade, das mulleres, dos navegantes, da necrópole e do mundo subterráneo. Adoitaba representarse como unha vaca chatolada de estrelas ou como unha muller con cabeza de vaca. Identifícase a miúdo con Isis e, na mitoloxía grega, coa deusa Afrodita.