Hécuba

Hécuba
[MIT]

Raíña de Troia, segunda esposa de Príamo. Segundo as versións é filla de Dimante, rei de Frixia (tradición da Ilíada) ou de Ciseo, rei de Tracia (segundo os tráxicos, en especial   Eurípides). Famosa pola súa fecundidade, é nai dunha abondosa prole; entre eles, Heitor, o primoxénito, e Paris. Coa toma de Troia perdeu a case todos os seus fillos e, incapaz de asumir esta desgracia, suicidouse heroicamente. A súa figura inspirou unha traxedia (perdida) de Sófocles e outras de Eurípides, dos clásicos latinos (Ennio, Accio e Séneca) e doutros autores modernos.

Palabras veciñas

hectómetro | hectovatio | hectowatt | Hécuba | Hédelin, François | hedenberxita | Hedera