Hedreira

Hedreira
[ONOM]

Apelido de orixe toponímica. Os topónimos homónimos son abundanciais e remiten á voz común hedra, procedentes do latín hedera. O apelido documéntase no s XIII: “Vasco Perez da Hedreira” (doc ano 1269 en G. Navaza, Contribución ao estudo da toponimia da Galicia meridional (fitotoponimia), 1998, p 224), “Lopo Gomez da Edreira” (doc ano 1498 en E. Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 281). Adoita aparecer castelanizado: Edrera. Non se conserva grafado con h- etimolóxico.

Palabras veciñas

Hedrada, A | hedreira | Hedreira | Hedreira | Hedroso | Hedroso | Heduvixe