Heimwehr

Heimwehr

Nome que significa ‘defensa do lar’ e que foi dado á milicia austríaca creada en 1919 para loitar contra a anexión de Estiria e Carintia meridional por parte de Iugoslavia. En 1930 o movemento converteuse en partido e aproximouse despois á democracia cristiá; a á radical declarouse nazi. Disolvéronse ao producirse o Anschluss (1938).