Helena

Helena
[MIT]

Heroína grega, filla de Zeus e Leda, e irmá dos dióscoros e Climenestra. Cando Paris lle concedeu a Afrodita a mazá da discordia, a deusa prometéralle a Paris a muller máis fermosa do mundo, Helena. Como consecuencia, Paris embarcou cara a Esparta e alí, aproveitando a ausencia do seu home, Menelao, conseguiu raptala. Este suceso provocou a coalición das polis gregas contra a cidade de Troia, a expedición dos gregos contra Ílion e a razón de que os gregos loitasen durante dez anos cos troianos. Trala destrución de Troia, Helena volveu con Menelao a Esparta, de onde foi expulsada polos seus fillastros ao enviuvar.   A figura desta heroína inspirou numerosas obras literarias, artísticas e musicais.

Palabras veciñas

heléboro | Helena | Helena | Helena | Helena, santa | helénico -ca | helenina