helícido -da

helícido -da

(< lat científico Helix)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos helícidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Molusco da familia dos helícidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de moluscos gasterópodos da orde dos archeogastropodos, que presentan unha cuncha helicoide, xeralmente dextrosa; a cabeza con catro tentáculos cilíndricos, dous posteriores longos cos ollos nas súas extremidades e dous anteriores curtos; e un pé alongado e oval. Habitan en lugares húmidos, ricos en vexetación, e son prexudiciais para os cultivos. Existen numerosas especies repartidas por todo o mundo, entre as que se inclúen os caracois comúns.

Palabras veciñas

Helichrysum | helicida | helicidade | helícido -da | heliciforme | helicina | Helicina