heliógrafo

heliógrafo

(< helio- + -grafo)

  1. s m [ASTRON]

    espectroheliógrafo.

  2. s m [METEOR]

    Aparato para medir o tempo de insolación ou horas de sol. O máis coñecido é o heliógrafo de Campbell-Strokes constituído por unha esfera de vidro, que actúa como lente, concentrando os raios do Sol nun punto, e que ten o seu foco sobre unha cartolina, que se vai queimando, de acordo á intensidade da luz.

    Sinónimos: heliofanógrafo.
  3. s m [TECNOL]

    Telégrafo óptico que produce sinais luminosos de intensidade variable por reflexión dos raios solares nun espello plano, xeralmente móbil.