Heliotropium
Heliotropium
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas anuais ou arbustivas da familia das boraxináceas. Presenta follas xeralmente alternas, enteiras ou dentadas. As flores son de pequeno tamaño e de cor branca ou lixeiramente azuladas dispostas de forma illada ou en acios. Froitos en casulos. Engloba ao redor de 300 especies distribuídas polas rexións temperadas e cálidas.