Helleborus

Helleborus
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas perennes e rizomatosas ou subarbustivas da familia das ranunculáceas. Presenta follas pecioladas, palmadas ou trifoliadas. As flores están illadas ou dispostas en inflorescencias en forma de acio. O froito é un polifolículo. Vexetan solos húmidos, ricos en materia orgánica e semisombreados. Resisten as baixas temperaturas, ata os -15°, e florecen desde o inverno ata a primavera. Engloba arredor de 20 especies distribuídas por Europa e polas rexións mediterráneas ata o Cáucaso. En Galicia é moi común a especie H. foetidus, coñecida como herba das chaveiras.