hemiolia
hemiolia
(
s
f
[MÚS]
Alteración que consiste na articulación de tres unidades métricas binarias en lugar das dúas unidades ternarias esperadas. É un procedemento característico, aínda que non exclusivo, das danzas (courantes, minuetos, valses, sardanas, bulerías) que aparecen xeralmente ao final dunha parte importante da peza e non se adoita reflectir na escrita. Empregada sobre todo no Barroco, tamén se atopa na música doutras épocas.