hemofilia
hemofilia
( 2 filia)
s
f
[PAT]
Enfermidade hereditaria ligada ao sexo, transmitida polas mulleres e que afecta aos homes, caracterizada por unha propensión ás hemorraxias abundantes, internas ou externas, difíciles de conter. As hemorraxias poden ser da pel, das mucosas, dos órganos internos, músculos ou articulacións. Débese ao déficit ou funcionamento inadecuado dalgún factor da coagulación (no 90% dos casos trátase dos factores VIII ou IX, que determinan as hemofilias A e B, respectivamente, e o resto ao factor XI que determina a hemofilia C). Os hemofílicos constitúen un dos grupos de risco de contraer a SIDA, xa que dependen, para o seu tratamento, da administración de hemoderivados.