hemograma

hemograma

(< hemo- + grama)

s m [MED]

Descrición proporcional dos elementos celulares do sangue. Ten como finalidade principal consignar o número de eritrocitos, o contido de hemoglobina destes eritrocitos, o número de leucocitos e a proporción dos diferentes leucocitos.