hemosiderose

hemosiderose

(< hemo- + grσίδηρος ‘ferro’ + -ose)

s f [PAT]

Incremento do depósito de ferro, en forma de hemosiderina, nos tecidos corporais, especialmente no fígado. Prodúcese por un aumento de ferro que provén da destrución dos glóbulos vermellos. Normalmente non ocasiona lesión do órgano. En estados máis avanzados non se pode diferenciar morfoloxicamente da hemocromatose.