hemostase

hemostase

(< hemo- + grστάσις ‘detención’)

s f [MED]

Resposta fisiolóxica a unha lesión vascular, coa finalidade de parar a hemorraxia. Consta dunha fase de vasoconstrición da área danada, outra de adhesión e agregación das plaquetas para a formación do tapón plaquetario, a de coagulación, e a de reparación do tecido danado. Fálase tamén de hemostase cando a acción de parar a hemorraxia se intenta por medios físicos, comprensión directa, indirecta, torniquete ou fármacos. Tamén recibe o nome de hemostasia.