Henan
Henan
Sheng de China, na rexión do Centro-Sur (167.000 km2; 92.560.000 h [2000]). A capital é Zhengzhou. A zona occidental é montañosa (Qin Ling); o resto ocupa unha parte do val do Huang He e da conca do Huai He, e dedícase a cultivos de trigo, algodón, arroz, cacahuetes, tabaco e kaoliang. Ten depósitos de carbón e industrias derivadas da agricultura.