hendecasílabo -ba

hendecasílabo -ba

(< hendeca- + sílaba)

  1. adx

    Que ten once sílabas.

  2. s m [LIT]

    erso de once sílabas de acentuación variable. A súa orixe pode establecerse nos versos latinos sáfico e senario iámbico, que cambiaron o seu carácter cuantitativo para converterse en versos rítmicos. Nos ss X e XI localízanse as primeiras mostras deste tipo de verso. No s XII incorporouse á poesía italiana, catalá e galego-portuguesa; nesta última puido existir un verso semellante ao hendecasílabo e do que deriva o verso de arte maior castelán. Garcilaso de la Vega foi un dos grandes cultivadores deste tipo de verso na lírica castelá. Segundo a acentuación, poden distinguirse os seguintes tipos de hendecasílabo: enfático, heroico, melódico, sáfico, dactílico, á francesa e galego antigo. E ste último equivale a un hexasílabo e mais un pentasílabo. Na lírica galega algúns autores como Aquilino Iglesia Alvariño, Faustino Rey Romero e Xosé Mª Álvarez Cáccamo cultivaron este tipo de metro.