hepatite
(< hepat- + -ite)
-
s
f
[PAT]
Proceso inflamatorio que afecta ao fígado. A súa orixe pode ser vírica, debido a lesións hepáticas causadas por unha toxina ou danos hepáticos.
-
hepatite A
[PAT]
Hepatite producida polo virus da hepatite A (VHA). Transmítese pola vía fecal-oral, por inxerir alimentos ou líquidos contaminados con mínimas cantidades de materia fecal e por contacto estreito entre as persoas.
-
hepatite B
[PAT]
Hepatite producida polo virus da hepatite B (VHB). O virus atópase nos fluídos corporais, sangue, saliva, seme e outras secrecións, e transmítese por contacto directo con estes fluídos. É unha das hepatites máis graves, xa que pode desencadear cirrose ou cancro hepático.
-
hepatite C
[PAT]
Hepatite producida polo virus da hepatite C (VHC). O virus atópase nos fluídos corporais e transmÍtese por contacto directo con estes fluídos. Ten un mecanismo de acción peculiar, por introdución do ARN mensaxeiro viral no ribosoma, feito que provoca que este deteña o seu normal funcionamento e que inicie a produción das proteínas virales.
-
hepatite D
[PAT]
Hepatite producida polo virus da hepatite D (VHD). Trátase dun virus moi activo e co material xenético, ARN monocatenario, defectuoso. Para multiplicarse precisa que o hóspede estea infectado co virus da hepatite B, para utilizar o antíxeno de superficie do VHB, sintetizar a súa propia proteína externa e encapsular o seu material xenético. O VHD transmítese polo sangue e líquidos orgánicos, en forma similar ao VHB.
-
hepatite E
[PAT]
Hepatite producida polo virus da hepatite E (VHE). É un virus que se transmite a través dos alimentos ou de auga contaminada por materia fecal de individuos infectados, pero a diferenza do VHA non se propaga por estreito contacto de persoa a persoa. A infección por VHE é máis común ca a infección por VHA.